viernes, 15 de mayo de 2015

Traballo cos xeoplanos

Unha forma divertida de coñecer os corpos xeométricos e as súas características é a través dos xeoplanos. 

Calculamos áreas,perímetros, caras, ángulos, vértices,....

Deixámosvos algunhas fotos dos nosos traballos.








viernes, 24 de abril de 2015

Carreira pola lectura

No día do libro fomos convidados ao CEIP de Portosín a participar na carreira pola lectura.

A actividade non consistíu só en correr. Na semana previa nas aulas traballamosa obra do Quixote.
Visualizamos videos. contamos contos, xogamos as mates e lingua online co quixote , ...
Por último cada neno e nena debía realizar o seu propio dorsal para participar na carreira.
Como ides ver sairon alguns ben bonitos.
Amosámosvos unhas imaxes dos nenos e nenas cos dorsais e da carreira onde os papis e mamis tamén tiveron o seu protagonismo.




martes, 21 de abril de 2015

Atletismo en Ribeira










Mozart na escola.

W. A. MOZART


Dende a asignatura de música coñecimos e estudamos a Mozart ca intención de facer un mural para que o resto da escola tamén o coñeza.

Deixámosvos unha imaxes do noso traballo.


 ÁRBORE XENEOLÓXICA DE MOZART

VIDA E OBRA 















miércoles, 11 de febrero de 2015

Que é un ordenador?

Estamos a investigar que é un ordenador , cales son as súas partes, como se chaman , que fan, para que sirven?

Comezamos por desmontar ordenadores estropeados e ir clasificando as pezas. É increible a cantidade de peciñas que descubrimos. Placas bases, condensadores, discos duros, fonte de alimentación...

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como o fixemos. Agora estamos elaborando un traballo por  escrito  para coñecer a función de  cada parte?

Pincha na imaxe para ver a galería de fotos.


jueves, 15 de enero de 2015

Composición e descomposición de números decimais con moedas

Hoxe traballamos a composición e descomposición dos números decimais, deixámosvos un exercicio de moitos realizados na aula.


 

miércoles, 14 de enero de 2015

Contabilidade da escola. Parte 1

Xa que neste mes temos que presentar as contas da escola que mellor que colaborar e realizalas todos e todas.
Aprendimos que son  os ingresos, os gastos, as partidas finalistas, as axudas , un orzamento ...
Dentro dos gastos , clasificamos as facturas en diversos apartados  .
Todo esto con un obxectivo: O calculo de número decimais, aprender a calcular porcentaxes e como podemos representar eses datos.

Agora deixámosvos un pequeno video para que vexades como imos mellorando no calculo en ABN , pero desta vez xa mentalmente:



jueves, 8 de enero de 2015

Números decimais, fraccións e porcentaxes.

2º Trimestre

Este segundo trimestre imos a estudar os números decimais, as fracións, as porcentaxes e as proporcións.
Intentaremos darlle o sentido máis práctico  e real posible. Pero antes de nada debemos de ir asentando coñecementos básicos e que mellor que poder tocar materiais para logralos.

Na primeira clase partimos das ideas previas do alumnado.Preguntamos que é, intentamos definir que son para nós os números decimais e onde os podemos atopar.Que é unha fración? E o tanto por cen?

Tras chegar á conclusión de que é unha decima:cada unha das dez partes partes iguais na que se divide unha unidade.
Decidimos facela con plastilina e acordamos facer unha unidade de barra de plastilina de 10 cm.
E logo dividímola en décimas ( 10 partes iguais).



A continuación cortámolas e obtivemos as 10 décimas que forman a unidade

 
 
 

Fixemos exercicios de conteo, recollimos e aprendimos a expresar con números os decimais,...
Logo descubrimos que eses números decimais se escriben en forma de fración 0,1 = 1/10
Manipular o material permite e facilita comprender que son , como se forman os números decimais e o seu paso a fración e a súa representación.

É importante resaltar para non confundir que un decimal pódese expresar en forma de fración , pero non todas as fracións son décimas.

Para comprobalo fixemos unha barra de plastlina que media 9 cm e a dividimos en tres partes iguais. Cada parte deduciron fácilmente que era un tercio. E se escribia 1/3.

Se collíamos 2/3 como pasábamos esa fración a decimal? A dedución á que se chegou foi que tiñamos que dividir 2 entre 3( Numerador entre denominador).Pero antes erramos pois ao inicio fixemos a división ao revés e deducimos que non podía ser, pois daba unha unidade con 5 décimas e era imposible.

  


     


Coñecido que é unha decima e unha fración, pasamos a facer unha unidade de 100 cm , logo descubrimos que un décima de esa unidade mediría 10 cm . E se dividimos unha décima en dez partes que obtemos? Chegamos a centésima.






 
 

 



Comprobamos que se temos unha unidade divida en 100 partes iguais e collemos 2 décimas ( 0,2 = 2,/10), ou 20 centéimas (0,20 = 20/100) ou o 20 % das partes na que dividimos a unidade estamos collendo a misma cantidade expresada de formas diferentes.