jueves, 8 de enero de 2015

Números decimais, fraccións e porcentaxes.

2º Trimestre

Este segundo trimestre imos a estudar os números decimais, as fracións, as porcentaxes e as proporcións.
Intentaremos darlle o sentido máis práctico  e real posible. Pero antes de nada debemos de ir asentando coñecementos básicos e que mellor que poder tocar materiais para logralos.

Na primeira clase partimos das ideas previas do alumnado.Preguntamos que é, intentamos definir que son para nós os números decimais e onde os podemos atopar.Que é unha fración? E o tanto por cen?

Tras chegar á conclusión de que é unha decima:cada unha das dez partes partes iguais na que se divide unha unidade.
Decidimos facela con plastilina e acordamos facer unha unidade de barra de plastilina de 10 cm.
E logo dividímola en décimas ( 10 partes iguais).



A continuación cortámolas e obtivemos as 10 décimas que forman a unidade

 
 
 

Fixemos exercicios de conteo, recollimos e aprendimos a expresar con números os decimais,...
Logo descubrimos que eses números decimais se escriben en forma de fración 0,1 = 1/10
Manipular o material permite e facilita comprender que son , como se forman os números decimais e o seu paso a fración e a súa representación.

É importante resaltar para non confundir que un decimal pódese expresar en forma de fración , pero non todas as fracións son décimas.

Para comprobalo fixemos unha barra de plastlina que media 9 cm e a dividimos en tres partes iguais. Cada parte deduciron fácilmente que era un tercio. E se escribia 1/3.

Se collíamos 2/3 como pasábamos esa fración a decimal? A dedución á que se chegou foi que tiñamos que dividir 2 entre 3( Numerador entre denominador).Pero antes erramos pois ao inicio fixemos a división ao revés e deducimos que non podía ser, pois daba unha unidade con 5 décimas e era imposible.

  


     


Coñecido que é unha decima e unha fración, pasamos a facer unha unidade de 100 cm , logo descubrimos que un décima de esa unidade mediría 10 cm . E se dividimos unha décima en dez partes que obtemos? Chegamos a centésima.






 
 

 



Comprobamos que se temos unha unidade divida en 100 partes iguais e collemos 2 décimas ( 0,2 = 2,/10), ou 20 centéimas (0,20 = 20/100) ou o 20 % das partes na que dividimos a unidade estamos collendo a misma cantidade expresada de formas diferentes.



jueves, 6 de noviembre de 2014

Historia de España


Pincha na imaxe para aprender e estudar sobre a historia de España.



Máis información Historia AQUÍ



martes, 28 de octubre de 2014

EXPERIMENTAMOS AS CIENCIAS

Todos os venres na aula de 4º,5º e 6º realizaremos unha práctica na aula, concretamente na  asignatura de ciencias.
O proceso sempre será o mesmo:
Presentación  do material co que imos a traballar.
Explicación do proceso.
Posta en común de hipoteses.
Realización do experimento
Análise do resultado e comparativa cas hipoteses plantexadas anteriormente.
Redacción da conclusión.

Presentámosvos o primeiro experimento.

Que sucede se metemos un vaso nun recipiente con auga? Móllase no seu interior? 









domingo, 4 de mayo de 2014

Día do libro

 Os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º, para celebrar o día do libro, disfrutaron da lectura da obra "Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo da Editorial Anaya.


















miércoles, 12 de febrero de 2014

ÚLTIMAS NOVAS NO NEBRA YORK TIMES

Os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º, estiveron traballando nas clases de lengua e lingua as noticias dos xornais. A continuación, no enlace que aparece a continuación poderedes ver algunhas das noticias que elaboraron os nosos xornalistas. Esperamos que vos gusten.

últimas novas no Nebra York Times on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="http://photopeach.com/embed/voimt7?mode=spiral" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>


jueves, 28 de noviembre de 2013

Siria , un pais por coñecer

Como sabedes estamos a traballar sobre Siria. En primeiro lugar imos tocar aspectos xeográficos . Nada mellor que xogar para aprender. Pinchando nesta imaxe poderás traballar o continente asiático e coñecer os seus países.

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/paises-de-asia-onde-esta-/d487889f-4e97-416b-bd70-f52e64cf416a