jueves, 15 de enero de 2015

Composición e descomposición de números decimais con moedas

Hoxe traballamos a composición e descomposición dos números decimais, deixámosvos un exercicio de moitos realizados na aula.


 

miércoles, 14 de enero de 2015

Contabilidade da escola. Parte 1

Xa que neste mes temos que presentar as contas da escola que mellor que colaborar e realizalas todos e todas.
Aprendimos que son  os ingresos, os gastos, as partidas finalistas, as axudas , un orzamento ...
Dentro dos gastos , clasificamos as facturas en diversos apartados  .
Todo esto con un obxectivo: O calculo de número decimais, aprender a calcular porcentaxes e como podemos representar eses datos.

Agora deixámosvos un pequeno video para que vexades como imos mellorando no calculo en ABN , pero desta vez xa mentalmente:



jueves, 8 de enero de 2015

Números decimais, fraccións e porcentaxes.

2º Trimestre

Este segundo trimestre imos a estudar os números decimais, as fracións, as porcentaxes e as proporcións.
Intentaremos darlle o sentido máis práctico  e real posible. Pero antes de nada debemos de ir asentando coñecementos básicos e que mellor que poder tocar materiais para logralos.

Na primeira clase partimos das ideas previas do alumnado.Preguntamos que é, intentamos definir que son para nós os números decimais e onde os podemos atopar.Que é unha fración? E o tanto por cen?

Tras chegar á conclusión de que é unha decima:cada unha das dez partes partes iguais na que se divide unha unidade.
Decidimos facela con plastilina e acordamos facer unha unidade de barra de plastilina de 10 cm.
E logo dividímola en décimas ( 10 partes iguais).



A continuación cortámolas e obtivemos as 10 décimas que forman a unidade

 
 
 

Fixemos exercicios de conteo, recollimos e aprendimos a expresar con números os decimais,...
Logo descubrimos que eses números decimais se escriben en forma de fración 0,1 = 1/10
Manipular o material permite e facilita comprender que son , como se forman os números decimais e o seu paso a fración e a súa representación.

É importante resaltar para non confundir que un decimal pódese expresar en forma de fración , pero non todas as fracións son décimas.

Para comprobalo fixemos unha barra de plastlina que media 9 cm e a dividimos en tres partes iguais. Cada parte deduciron fácilmente que era un tercio. E se escribia 1/3.

Se collíamos 2/3 como pasábamos esa fración a decimal? A dedución á que se chegou foi que tiñamos que dividir 2 entre 3( Numerador entre denominador).Pero antes erramos pois ao inicio fixemos a división ao revés e deducimos que non podía ser, pois daba unha unidade con 5 décimas e era imposible.

  


     


Coñecido que é unha decima e unha fración, pasamos a facer unha unidade de 100 cm , logo descubrimos que un décima de esa unidade mediría 10 cm . E se dividimos unha décima en dez partes que obtemos? Chegamos a centésima.






 
 

 



Comprobamos que se temos unha unidade divida en 100 partes iguais e collemos 2 décimas ( 0,2 = 2,/10), ou 20 centéimas (0,20 = 20/100) ou o 20 % das partes na que dividimos a unidade estamos collendo a misma cantidade expresada de formas diferentes.